Agora 38 (1) (
2019)
Copy
BIBTEX
Abstract
A mudanza climática representa un desafío urxente para as democracias modernas e para as formas de acción colectiva organizadas para loitar contra as consecuencias das alteracións climáticas. Ante isto, poden os sistemas democráticos evolucionar para enfrontar estes desafíos? O presente traballo deseña unha reformulación da democracia liberal baseada en dous principios xerais: a sostenibilidade e a democratización da democracia. Tendo en consideración que as consecuencias xeradas pola mudanza climática terán un impacto considerábel nas formas sociais de organización, analizarei o vencello entre sostenibilidade e democracia; en primeiro lugar, para definir de que vou falar cando falo de sostenibilidade. En segundo lugar, para estudar como os novos riscos orixinados polas alteracións climáticas esixen dunha revisión das formas representativas de democracia.